Por unha semana, os alumnos de segundo
achegan á biblioteca de aula os seus libros sobre o Corpo Humano. Desta forma
seguimos traballando os valores de compartir e respectar os demais coidando o
seu material; ademais de repasar os contidos aprendidos en Coñecemento (esqueleto, musculatura e sistemas dixestivo,
respiratorio e circulatorio) cuns libros de móbiles, despregables e crebacabezas
que non deixan indiferente a ninguén.