Estes días recibimos nas nosas aulas de 5º a visita dunha auténtica
arqueóloga! Con ela comprendimos a que se dedican estes profesionais e
como é o seu traballo de campo. Puidemos tocar puntas de frecha,
sementes e cerámica con miles de anos. Será este o comezo de vocacións
de historiadores ocultas?