lunes, 9 de diciembre de 2013

XA CHEGA O NADAL!

Agardamos con ilusión que chegue o NADAL para celebrar o Nacemento de Xesús. Adornamos a aula e aprendemos a ser mellores renunciando a todo o que impide que Xesús naza no noso corazón.



Escribimos unha carta aos Reis Magos. Pedímoslle agasallos e comprometémonos a dar moito ánimo aos nosos compañeiros e profesores, cun grande sorriso e con moito amor e paz.




miércoles, 4 de diciembre de 2013

Traballamos coa prensa

Hoxe utilizamos os xornais do día para traballar contidos das materias de Linguas.

A historia das nosas vidas

En 6º estivemos estudando as orixes da vida e o desenvolvemento dos seres humanos. Con todo o aprendido elaboramos cada un a nosa historia vital con fotos, anécdotas e todo o que os nosos pais, avós e tíos compartiron connosco. Convidámosvos a visitar a exposición dos traballos que está situada no corredor do primeiro andar do edificio de primaria. 





Cómic!!!

Los niños de cuarto elaboramos nuestros propios cómics. Quien sabe.... a lo mejor sale de aquí un nuevo Carrabouxo!!!



martes, 3 de diciembre de 2013

Reconciliación 4º

Os alumnos de cuarto curso tiveron o seu momento de reflexión persoal e de pedir perdón a Deus polas accións erróneas que tiveron.



Chega o nadal

Xa comezamos a decorar as aulas e a darlles un toque máis festivo. 




Advento

No inicio do advento, preparamos os nosos corazóns para a chegada do neno Xesús. Os nenos de 5º e 6º fumos ata a igrexia e participamos no acto da reconciliación.