Agardamos con ilusión que chegue o NADAL para celebrar o Nacemento de Xesús. Adornamos a aula e aprendemos a ser mellores renunciando a todo o que impide que Xesús naza no noso corazón.
Escribimos unha carta aos Reis Magos. Pedímoslle agasallos e comprometémonos a dar moito ánimo aos nosos compañeiros e profesores, cun grande sorriso e con moito amor e paz.