Cerramos o curso co alumnado de 6º que marcharon tres días cara a vila de Cambados.
Ao chegar foron facer xogos e comer en Montalvo. Outro día tiveron actividades deportivas no colexio de Cambados. Desfrutaron dun paseo pola illa da Toxa e visita á aldea dos Gromits. Tarde de minigolf, canoas e karts. Viaxe á illa de Sálvora e degustación de mexillóns no catamarán.