miércoles, 26 de junio de 2019

Excursión 5º de EP a Leiro

O alumnado de 5º de EP estiveron aquí cerquiña, concretamente, no Parque multiaventura Leiro (Ourense)
Alí tiveron unha variedade de xogos de xincana e xogos acuáticos na praia fluvial.
Un día estupendo!










lunes, 24 de junio de 2019

Excursión 6º de EP a Cambados

Cerramos o curso co alumnado de 6º que marcharon tres días cara a vila de Cambados.
Ao chegar foron facer xogos e comer en Montalvo. Outro día tiveron actividades deportivas no colexio de Cambados. Desfrutaron dun  paseo pola illa da Toxa e visita á aldea dos Gromits. Tarde de minigolf, canoas e karts. Viaxe á illa de Sálvora e degustación de mexillóns no catamarán.

















Excursión 4º EP a Parque dos Sentidos e Ecoparque Multiaventura

O alumnado de 4º de EP viaxou ata Marín para desfrutar dun día no parque onde había xogos para agudizar os nosos sentidos.
Pola tarde foi a tarde das tirolinas. Preparados cos nosos equipos de seguridade subimos ás árbores e a voar!












Excursión 3º EP a Marcelle

Turno para os de 3º de EP. A súa viaxe a Marcelle Natureza, Parque zoolóxico. Reserva de animais
Alí puideron gozar dun día fantástico para coñecer a distintos animais como o lobo, linces, osos, babuínos, suricatas, wapitis, capibaras, linces e moitos máis.
Tamén disfrutamos dun día xuntos en contacto coa natureza
Unha gozada!







miércoles, 19 de junio de 2019

Excursión de 2º de EP ao Apípolis

Os alumnos e alumnas de 2 de EP visitiaron en Pontevedra o Apípolis.
Alí explicáronlle a elaboración do mel, visitaron o museo das abellas, elaboraron as súas propias gelletas de mel e viviron, en directo e en primeira persoa, protexidos con traxe profesional, cómo é por dentro este fermoso traballo.







Excursión de 1ªEP a Casa Patrón

Os alumnos e alumnas de 1º de EP viaxaron ata Lalín para visitar a Casa do Patrón.
Alí gozaron dun fantástico día elaborando figuras de cerámica, queixo e para rematar uns xogos populares para coñecer a nosa cultura e terminar cun bo sabor de boca.