viernes, 5 de mayo de 2017

APRENDEMOS A ORIENTARNOS

Aproveitando que estamos estudando o Sistema Solar, en 2ºC saimos ao patio para facer unha actividade práctica relacionada coa orientación xeográfica no espazo natural.
Para iso, observamos a posición do Sol, colocamos os brazos en cruz e co brazo dereito indicando o lado do horizonte por onde sae o Sol (LESTE).
Así, o NORTE quédanos "de frente" o SUR "as costas", o LESTE (nacente) á dereita e o OESTE (poñente) á esquerda.