Esta fin de semana pasada tivemos varios momentos do DOMUND. O sábado estiveron os Andainas cos seus animadores colaborando na mesa do Domund e cos petos polas rúas. O domingo, acompañados por mestres, estiveron alumnos e alumnas botando unha man pola mañá. E o luns, tivemos a celebración e escoitamos a Martín Rejo que nos contou a súa experiencia en Etiopía. Que bonita viaxe!!!
Grazas a todos e todas por colaborar!