Na clase de Ciencias Sociais aprendimos a situarnos nun plano.
No mapa da cidade de Ourense buscamos a nosa escola, o pavillón onde imos á piscina, e outro lugares importantes da cidade como a Ponte Romana, a Catedral ou as Burgas.
Alguén tamén atopou a rúa na que vive e ata aprendimos o que era un compás e cómo colocar o mapa mirando cara o norte.