O vindeiro día 20 de abril 5º e 6º EP participaremos na Festa da Lingua que terá lugar en Carmelitas xunto con outros colexio da cidade e da provincia. Deixámosvos un vídeo que preparamos para a ocasión e unhas fotos da preparación.
Hoxe rematamos a presentación dos ecosistemas que viñamos traballando ao longo do derradeiro mes nas clases de naturais de 5º EP. Fixemos murais e presentacións no computador para os nosos compañeiros. Aprendemos moito e estamos moi ledos co resultado. No corredor do 3º ciclo podedes visitar a exposición cos nosos traballos.
Seguimos traballando e investigando sobre este apaixoante tema. Esta semana estivemos elaborando ás presentacións no computador. A semana vindeira tocará explicar o noso traballo aos nosos compañeiros.
Profesionais de distintos campos como a educación, a sanidade e o voluntariado viñeron a dar a súa testemuña aos nenos de 5º e 6º de EP e amosarnos a súas vocacións. Moitas grazas a Xabi, Ester e Manuel pola súas palabras.
En 5º EP levamos semanas investigando sobre os diferentes ecosistemas do planeta. Agora chega o momento de plasmar o aprendido nun mural para posteriormente explicar o noso traballo ao resto dos compañeiros. Xa amosaremos os resultados nos vindeiros días...
Na clase de mates de 5º estamos traballando as fraccións e os números mixtos, foi un bo momento para xogar cos bloques de construción. Aprender xogando e de xeito divertido sempre é mellor!
Os alumnos de 5º e 6º de EP participaron nunha charla co autor Manuel Rivas, onde compartiron as aventuras do pirata "Bala perdida" o libro que nos presentou. Foi un verdadeiro pracer gozar da compaña dun dos máis recoñecidos autores da nosa lingua. Moitas grazas Manuel!
Os alumnos de 5ºEP visitamos a Escola de Artes Escénicas para participar nun obradoiro de danza contemporánea impartido por Eric e Maruxa Salas. Pasámolo xenial e aprendemos sobre danza e o que non se ve nun espectáculo. Metémonos entre bambalinas e pisamos escenario!
Os rapaces e rapazas de 5º EP elaboraron diferentes adornos propios destas datas nas clases de Arts e Inglés. Estamos premarados para dar medo. Uahaaaaahaaaa!