Os alumnos e alumnas de 4º de EP gozamos dun espléndido día de excursión. Paseamos e xogamos no parque dos sentidos e vivimos unha gran aventura no Ecoparque de Marín.
A mellor maneira para despedir un curso fantástico!
Na clase de 4ºA
levamos a cabo uns experimentos para repasar os contidos do tema de “materia e
enerxía”.
Comprobamos as
propiedades da materia, fixemos mesturas homoxéneas e heteroxéneas, separamos
distintos materiais, provocamos cambios de estado na materia e comprobamos o
comportamento de certos corpos ante o paso da luz. E ademais, divertímonos
moito!
Hoxe, luns 23 de abril celebramos o Día do Libro. Por eso, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP fixemos unha árbore na que cada folla recolle o título e unha breve opinión sobre o libro que máis lle gustou a cada alumno e alumna.
No día de onte, os alumnos e alumnas de 4º EP tivemos as nosas convivencias. Un tempo para compartir, vivir, empatizar e pedir perdón polas nosas faltas.
Os alumnos e alumnas de segundo ciclo desfrutamos desta actividade onde aprendimos a cómo aforrar enerxía nas nosas casas con simples xestos moi simples.
Os alumnos e alumnas do Segundo Ciclo de EP tivemos un momento de reflexión na capela do noso cole. Tras a reflexión, fixemos unha oración conxunta e recibimos a cinsa para comezar o tempo da Cuaresma.
Os rapaces e rapazas de 4ºEP pasaron un día estupenda na Coruña visitando o acuario e coñecendo máis acerca da vida de distitnas especies acuáticas. Pola tarde achegámonos á Torre de Hércules. Malia o vento, gozamos dun gran día.