jueves, 16 de marzo de 2017

Repoboación dos montes

Os alumnos e alumnas de 4º EP desfrutamos dunha mañá marabillosa en Palmés. Ata alí fomos para escoitar a un garda forestal que nos contou cómo é a vida das plantas e qué podemos facer para conservalas. Tamén aprendimos a plantar unha árbore para así, poder contribuír á boa marcha do medio ambiente.
Por certo, descubrimos unhas vistas espectaculares da nosa cidade e unha ruta de sendeirismo moi bonita.
Velaquí algunhas fotos!