viernes, 27 de mayo de 2016

Arqueoloxía nas aulas

Hoxe nas clases de 5ºEP, contamos coa presencia dunha arqueóloga. A mestra Patricia traballa na facultade de Ourense, e achegouse canda nós para compartir os seus coñecementos e experiencia. Aprendimos sobre a historia, a súa cronoloxía e sobre as técnicas que usan os investigadores. ¡Moitas grazas polo teu tempo e ilusión!