martes, 8 de abril de 2014

Convivencias cristiás en 4ºEP

No día de hoxe os cursos de 4ºEP tivemos as convivencias cristiás. Un día no que facemos unha pausa no ritmo normal de clases e dedicamos tempo a pensar en nós mesmos, a mellorar as nosas relacións cos demais e a coñecer a riqueza da nosa vida interior.