martes, 12 de noviembre de 2013

O noso corpo

Por unha semana, os alumnos de segundo achegan á biblioteca de aula os seus libros sobre o Corpo Humano. Desta forma seguimos traballando os valores de compartir e respectar os demais coidando o seu material; ademais de repasar os contidos aprendidos en Coñecemento (esqueleto, musculatura e sistemas dixestivo, respiratorio e circulatorio) cuns libros de móbiles, despregables e crebacabezas que non deixan indiferente a ninguén.