No día de hoxe os cursos de 4ºEP tivemos as convivencias cristiás. Un día no que facemos unha pausa no ritmo normal de clases e dedicamos tempo a pensar en nós mesmos, a mellorar as nosas relacións cos demais e a coñecer a riqueza da nosa vida interior.
Os alumnos de 2ºEP aplicamos o aprendido en Coñecementodo Medio na construción dunhas maquetas de diferentes ecosistemas: o deserto, o mar, a selva, o bosque...
Organizámonos
en equipos de traballo e puxemos todo o noso empeño para recrear da
mellor forma posible o hábitat natural dos nosos animaliños de xoguete.