Na clase de 4ºA
levamos a cabo uns experimentos para repasar os contidos do tema de “materia e
enerxía”.
Comprobamos as
propiedades da materia, fixemos mesturas homoxéneas e heteroxéneas, separamos
distintos materiais, provocamos cambios de estado na materia e comprobamos o
comportamento de certos corpos ante o paso da luz. E ademais, divertímonos
moito!