Durante estes tres días as clases de 6ºEP estivemos a desfrutar duns días de excursión e convivencia en Cambados e arredores. Chegando ao final de Primaria e a piques de comezar unha nova etapa na ESO, estes días resultaron moi emotivos, xa que compartimos risas, xogos, bailes, diversión e tamén algunha que outra bágoa de emoción.
Grazas por todos os momentos vividos nestes anos en Primaria, especialmente a todos os mestres que nos acompañaron e nos axudaron a medrar.